Piden axuda para identificar o cadáver de Malpica
Piden axuda para identificar o cadáver de Malpica
O pasado día 22 de decembro, pescadores que traballaban a unhas dúas millas náuticas das Sisargas avistaron o corpo
Quen teña algunha información que aportar pode poñerse en contacto coa Garda Civil a través das redes sociais ou do teléfono 062.
A Garda Civil pediu colaboración cidadá para identificar o cadáver dunha muller que o pasado decembro atoparon aboiando no mar entre as Illas Sisargas e Malpica.
Foi o pasado día 22 de decembro, cando pescadores que traballaban a unhas dúas millas náuticas das Sisargas avistaron o corpo.
As investigacións da Policía Xudicial da Coruña para lograr a súa identificación non deron resultado. Solicitaron a área de Antropoloxía Forense do Servizo de Criminalística da Garda Civil a realización dun informe de reconstrución facial para obter un retrato.
Trátase dunha muller de idade comprendida entre os 30 e os 40 anos, de 169 cm de estatura, de pel morena, probablemente de orixe suramericana ou centroamericano, de constitución física delgada, cun peso aproximado de 65 quilogramos, pelo abundante de media melena e cor castaña escura, que vestía pantalón vaqueiro azul e suadoiro de cor granate.
Ten un piercing no embigo, así como a tatuaxe dunha folla de marihuana no dorso anterior da man esquerda e outra tatuaxe de símbolos tribais no lombo e o costado dereito.