Piden tres anos de cadea para o empresario acusado de roubar e vender máscaras caducadas
Piden tres anos de cadea para o empresario acusado de roubar e vender máscaras caducadas
Centos de máscaras apareceran nunha nave en concurso de acredores en marzo de 2020
O material sanitario, algún caducado, foi vendido polo empresario inmobiliario
Fixo negocios con máscaras FFP2 en Portugal
A Fiscalía acusa o home de estafa e pide tres anos de cadea
Tres anos de cadea é a pena que pide a Fiscalía para o empresario de Santiago acusado de roubar e vender máscaras caducadas nos primeiros días da pandemia. O ministerio público impútalle un delito de estafa.
Segundo o escrito da acusación, Javier Conde Fiestras era intermediario do sector inmobiliario e estaba autorizado a ensinar a nave dunha empresa en concurso de acredores no polígono do Tambre. Alí había almacenada unha gran cantidade de material sanitario, que multiplicou o seu valor coa chegada da covid-19.
A policía entrou na nave en marzo de 2020, e as pescudas levaron mesmo ata Portugal, onde o acusado vendeu varios lotes de máscaras FFP2.