Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pillan un turista gravando o seu nome e o da moza no coliseo de Roma

Pillan un turista gravando o seu nome e o da moza no coliseo de Roma

A sanción pode chegar aos 19.000 euros e un ano de cadea

O Goberno de Italia cualifica o feito de "indigno"

G24.gal 26/06/2023 20:16 Última actualización 26/06/2023 20:23

O ministro de Cultura italiano Gennaro Sangiuliano criticou o comportamento "indigno" e "incívico" do turista estranxeiro que danou os muros do Coliseo de Roma para gravar, cunha chave, o seu nome xunto ao da súa noiva.

"Considero moi grave, indigno e unha mostra de gran incivismo que un turista desfigure un dos lugares máis famosos do mundo, patrimonio da historia, para gravar o nome da súa noiva", lamentou o ministro nun comunicado.

"Ivan + Hayley 23" é a mensaxe que o turista escribiu nas paredes do Anfiteatro Flavio, o monumento máis visitado de Italia e Patrimonio da Humanidade desde 1980. A "fazaña" foi gravada en vídeo e compartida nas redes sociais 

Despois de gravar as imaxes, o autor do vídeo informou do suceso ao persoal do coliseo, que se puxo en contacto coa policía. As autoridades italianas traballan por identificar o turista e impoñerlle as sancións correspondentes, que poden chegar a multas de ata 19.000 euros e un ano de cárcere, segundo os medios locais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade