Cargando resultados...
Podemos e IU seguen a discrepar coa postura do Goberno ante a invasión de Ucraína
Podemos e IU seguen a discrepar coa postura do Goberno ante a invasión de Ucraína
G24.gal
06/03/2022 13:07
Os socios de goberno de Sánchez, Podemos e Izquierda Unida, amosaron unha xornada máis as súas discrepancias ante a posición do Goberno na invasión de Ucraína.
Ione Belarra aseguraba este domingo que o camiño máis útil para axudar a Ucraína é a diplomacia, unha aposta segura para a paz.
A secretaria xeral de Podemos aliouse con Melenchon en Francia e Corbyn no Reino Unido para pediren un cumio con Rusia, Ucraína, a UE e os EUA que negocie a fin da guerra.