Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica pola delimitación dunha nova zona de fondeo fronte ao porto vigués de Canido

Polémica pola delimitación dunha nova zona de fondeo fronte ao porto vigués de Canido

A confraría de Vigo denuncia prexuízos para a pesca e o marisqueo

G24.gal 30/06/2023 14:02

Polémica en Vigo pola delimitación dun novo polígono de fondeo para embarcacións de recreo a carón do porto pesqueiro de Canido.

A confraría de pescadores de Vigo mantén que a zona de fondeo para embarcacións de recreo, a carón do porto pesqueiro de Canido e fronte á illa de Toralla, vai causar prexuízos á actividade pesqueira e marisqueira. Defenden que se trata dun lugar de cría de moitas especies.

Os impulsores do proxecto, a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Canido-Coruxo, aseguran que se trata de ordenar uns fondeos que xa se estaban a facer sen regular. Insisten en que non prexudicará porque, malia que colocarán novos mortos, están a retirar outros moitos que se puxeran sen autorización.

As boias da zona exterior só poderán estar colocadas catro meses, en setembro terán que retiralas, se ben os mortos pemanecerán no fondo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade