Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos seis mortos e un ferido nun ataque nunha gardería no sueste da China

Polo menos seis mortos e un ferido nun ataque nunha gardería no sueste da China

Tres nenos, dous pais e un profesor serían as vítimas do acoitelamento

Reuters Reuters
G24.gal 10/07/2023 10:00

Un ataque nunha gardería na localidade chinesa de Lianjiang, na provincia de Cantón, deixou hoxe polo menos seis falecidos e un ferido, recolle a prensa local.

Segundo o diario The Paper, que cita testemuños de residentes locais, un home chegou a unha gardería portando un coitelo co que atacou a un neno e dous adultos na entrada antes de dirixirse cara ao interior.

A Policía limitouse a explicar nun comunicado que un home de 25 anos apellidado Wu e veciño da localidade perpetrou un "ataque intencionado" e está detido.

As autoridades non facilitaron información sobre a idade ou a identidade das vítimas, aínda que segundo algúns medios locais, non se descarta que figuren nenos entre os falecidos e algúns aseguran que as vítimas son un profesor, dous pais e tres menores.

Nos últimos anos rexistráronse no país asiático numerosos ataques similares en garderías e escolas, que se saldaron con decenas de falecidos e feridos.

Un ataque similar rexistrado nunha gardería da provincia de Jiangxi deixou en agosto pasado tres falecidos e seis feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade