Polvoróns para o Nadal cen por cento galegos feitos con manteiga de porco celta

Son os Tomesiños, uns doces que toman o seu nome da parroquia taboadesa de San Tomé

Os polvoróns son elaborados de xeito artesanal en Taboada con manteiga de porco celta
G24.gal 14/11/2023 20:44 Última actualización 14/11/2023 21:08

Levan anos elaborando galletas artesanais e agora decidiron dar un paso máis lanzando ao mercado desde a Ribeira Sacra un polvorón cen por cen galego. Son os Tomesiños, uns doces que toman o seu nome da parroquia taboadesa de San Tomé, e que están a ter unha boa acollida.

Ademais da fariña e as améndoas, cal é o segredo destes doces do Nadal que compiten cos de máis sona de España? Pois a manteiga de porco celta, diferente da do ibérico.

Os Tomesiños están xa nas tendas, e as súas promotoras están satisfeitas cunhas cifras de mercado que agardan ir incrementando nos vindeiros anos. De feito xa recibiron chamadas doutras zonas de España para interesarse por estes polvoróns galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade