Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal contará desde este sábado con 25 novos radares, algúns deles preto de Galicia

Portugal contará desde este sábado con 25 novos radares, algúns deles preto de Galicia

No norte haberá novos radares en Vila Nova de Gaia e no Porto

Imaxe de arquivo dun radar Imaxe de arquivo dun radar
G24.gal 05/07/2024 17:58

Desde este sábado haberá 25 radares novos nas estradas portuguesas, moitos na zona máis próxima a Galicia. En concreto, no norte portugués haberá novos radares en Vila Nova de Gaia e no Porto. En total, Portugal contará con 123 radares, 23 deles de tramo.

A súa implantación é relativamente recente, pero non hai dúbidas do éxito obtido, porque dende que se controla a velocidade nas estradas, reducíronse nun 74 % os mortos nas estradas e nun 36 % os accidentes con vítimas.

A maior parte están situados nas estradas que rexistran máis sinistros, e non nas autoestradas. Ademais, están indicados con sinais de tráfico ou en distintas webs e aplicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade