Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal quere impulsar a conexión en tren entre Ourense e Lisboa en tres horas e media en 2030

Portugal quere impulsar a conexión en tren entre Ourense e Lisboa en tres horas e media en 2030

Se o proxecto sae adiante, a conexión ferroviaria será o medio máis rápido e económico entre Ourense e Lisboa

Trens de Renfe e de Comboios de Portugal Trens de Renfe e de Comboios de Portugal
G24.gal 02/07/2023 13:09

Ourense e Lisboa poderán estar a tres horas e media de viaxe en tren ao remate da década, para ser asi o modo de transporte máis rápido e económico entre as dúas cidades.

Recuperar esta comunicación ferroviaria podería ser unha realidade grazas a unha confluencia de factores. O goberno portugués xa anunciou en reiteradas ocasións o seu compromiso de rematar en 2030 unha nova liña rápida entre Lisboa e a fronteira galega, en Valença do Miño. O traxecto, das case seis horas actuais, reduciríase a a só dúas.

E a partir de aí, varias compañías, coma Iryo, Arriva ou Renfe, xa anunciaron a súa intención de operar na rexión, puidendo realizar a ligazón entre Ourense e Portugal. Sería parte do traxecto internacional entre Lisboa e París, que se cancelou pola pandemia e non se reactivou máis.

Co novo mapa ferroviario, un convoio chegaría a Guillarei en dúas horas e media e pola liña do Miño, que debe ser reforzada, demoraría unha hora máis até Ourense para continuar cara a Francia. O ramal de conexión da liña de Alta Velocidade galega no Corredor Norte en Olmedo, facilitará a recuperación de trens internacionais entre Lisboa e París máis rápido por Ourense que por Salamanca.

Este pequeno treito  de oito quilómetros o que permitirá enlazar directamente a liña de alta velocidade galega coa que vai de Madrid ao País Vasco que actualmente termina en Burgos, vai ser o verdadeiro revulsivo que animará a Comboios de Portugal a recuperar a vella conexión que existía hai un século entre Lisboa e Ourense e retomar por Galicia o novo itinerario do Sudexpress.

O histórico tre internacional suspendeuse en 200 coa declaración do estado de alarma pola pandemia da covid-19. Durante 133 anos conectou Lisboa con Francia, primeiro con París e nos últimos anos só con Hendaia.

Os últimos anos a viaxe era dunhas 13 horas na conexión da capital portuguesa con Hendaia por Salamanca e Medina del Campo. Coa nova vía de alta velocidade en Portugal, a liña galega desde Ourense e o ramal de Olmedo permititríalle chegar a Hendaia en sete horas e media cando en 2030 xa estaen concluidas as infraestruturas e o corredor norte Madrid-Burgos estenda o percorrido ata Euscadi.

O Sudexpress por Galicia permitirá unir no mesmo tren Lisboa e Porto con Hendaia, poñéndose en Guillarei en dúas horas e media e unha hora máis tarde en Ourense pola vella liña do Miño, que para entón recibiría melloras na súa seguridade e infraestrutura xa que actualmente a viaxe entre Ourense e Guillarei en tren é de 67 minutos.

Pero ao mesmo tempo, recuperará a conexión directa entre Galicia e o País Vasco desde Ourense, poñendo a un viaxeiro que se suba na estación da Ponte en catro horas en San Sebastián, fronte ás máis de nove horas actuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade