Publicador de contidos
Publicador de contidos

Praga de pombas por culpa dunha veciña que as alimenta

Praga de pombas por culpa dunha veciña que as alimenta

Os veciños denuncian que levan anos sufrindo esta situación

As comunidades de veciños de tres edificios afectados van reunir sinaturas

G24.gal 30/05/2024 13:47

"A diario, os 365 días do ano, dende as fiestras tira penso".

"Incluso tres ou catro veces ao día, dende as fiestras e dende o balcón e a calquera hora".

Este é o testemuño dos veciños da rúa Aquilino Iglesias Alvariño de Lugo e estas son algunhas das imaxes que eles mesmos captan a diario. Unha veciña alimenta as pombas e a situación na zona din que é insostible. Os excrementos dos animais invádeno todo. Imposible ter as fiestras limpas ou sentar nun dos bancos da rúa.

"A rúa, a beirarrúa, os coches... está todo feito unha porcallada e cando hai días de sol e calor isto é unha praga".

"Isto dá noxo e non só este edificio, tamén os próximos. Os tendais que son ao aire, eu non é a primeira vez que teño que lavar todo dúas veces".

Levan anos poñendo queixas e denuncias de xeito individual, pero ante a falta de resposta do Concello agora tres comunidades de edificios uníronse para recoller sinaturas. Con todo, sinalan que moitos veciños non se atreven a denunciar a situación, xa que subliñan que a muller que alimenta as pombas é moi agresiva.

"Non lle podes dar os bos días que se volve a ti, e é moi lista, como te vexa non sae e non lles tira comida nese momento".

Ademais denuncian tamén que esta muller alimenta os gatos da rúa, déixalles comida e auga polas esquinas e faino non só no edificio, senón tamén noutras zonas da cidade. Os veciños claman por unha solución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade