Cargando resultados...
Preocupación entre hostaleiros e comerciantes de Sada pola vaga de roubos
Preocupación entre hostaleiros e comerciantes de Sada pola vaga de roubos
Os afectados cren que os roubos son perpetrados pola mesma persoa, un veciño desta localidade coruñesa
Escaparate roto nun salón de peiteado canino de Sada
G24.gal
16/05/2024 19:59
Última actualización 16/05/2024 22:25
Produciuse unha vaga de roubos en distintos negocios da localidade coruñesa de Sada. As cámaras de seguridade gravaron o momento no que un ladrón entraba nun dos locais de hostalaría para facerse cos cartos.
Nos últimos días tamén roubaron noutros restaurantes e entraron nunha tenda de animais, causando numerosos estragos. Os afectados cren que se trata da mesma persoa, un veciño da vila.