Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación en Bóveda pola presenza de cianobacterias no encoro de Vilasouto

Preocupación en Bóveda pola presenza de cianobacterias no encoro de Vilasouto

Se se detecta contaminación na auga da traída, captarase doutro río

G24.gal 31/08/2022 13:34

A captación da auga da traída de Bóveda encóntrase no encoro de Vilasouto, no concello veciño do Incio, onde se detectou a presenza de cianobacterias. Polo momento, a auga segue sendo potable, posto que se capta directamente da superficie e non do fondo, pero preocupa que deixe de selo se se prolonga a seca e baixa aínda máis o nivel da presa.

Se continúa a seca e se detecta contaminación na auga da traída, o Concello de Bóveda tería que buscar unha alternativa. En principio, captaríase a auga a partir dunha estación de bombeo no río Viloria, afluente do Xullán.

O encoro de Vilasouto, no río Mao, encóntrase ao 28 por cento da súa capacidade, un cinco por cento menos que hai un ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar