Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barallobre inicia por primeira vez unha campaña de extracción de vieira para venda en fresco

Barallobre inicia por primeira vez unha campaña de extracción de vieira para venda en fresco

Teñen previsto recoller máis de 35 toneladas de vieira en 22 xornadas

G24.gal 19/02/2024 14:03

Este luns arrancou unha campaña histórica na confraría de Barallobre, en Fene. "É histórica porque é a primeira vez que imos vender en fresco aquí. A empresa xa o viña facendo, pero aquí, na confraría, é novidade", explica Jorge López, o patrón maior da confraría de Barallobre.

E o seu prezo tamén será histórico. "Temos un prezo de 4.75 euros, que nunca se logrou. É verdade que ten que ser unha vieira de 13 centímetros; e 4,25 para a vieira de 12 a 13 centímetros", engade Jorge López.

Durante 22 xornadas, 12 embarcacións recollerán 1.600 quilos de vieira. E neste inicio de campaña cumpriron coas expectativas. "Collemos os topes nun tempo bastante aceptable"; "É unha vieira moi boa, grande, de moi boa calidade".

Explican amais que non van extraer exemplares e tamaño menor de 12 centímetros.

"Nós o que estamos intentando é coller a máis grande posible. O tamaño mínimo en Galicia é de 10 centímetros, pero o noso mínimo é de 12. Isto significa que vai haber máis reprodutores e no futuro imos ter máis vieira", di Jorge López.

Ao final da campaña, o 26 de marzo, contan con ter recollidos 35.200 quilos deste bivalvo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar