Primeira multa en Galicia pola Lei de benestar animal
Primeira multa en Galicia pola Lei de benestar animal
Unha viguesa afronta 500 euros de sanción por atar o seu can ás portas da farmacia cando ía comprar
Apenas vinte e catro horas despois da entrada en vigor da Lei de Benestar animal, unha muller foi multada por deixar o seu can na porta dunha farmacia de Vigo en que entrou mercar. Foron cincocentos euros de sanción, e mesmo tivo sorte, porque a nova lei contempla multas de ata dez mil euros para quen deixe un animal na porta dun establecemento ou no interior dun vehículo se vai calor.
Mercar unhas soletas poucas veces foi tan caro. A muller que deixou o can fóra dunhaa farmacia viguesa tivo a mala sorte de atopar coa Policía Local o día que entraba en vigor a Lei de benestar animal. Esta prohibe deixar animais atados ou vagando por un espazo público sen supervisión presencial do coidador. Unha lei que xera moita incerteza.
Segundo Francisco Rodríguez Criado, da Clínica veterinaria García Barbón: "Paréceme un pouco precipitado todo isto, tendo en conta que nin siquiera estamos informados os colexios veterinarios e non houbo reunións informativas. Son moitas as preguntas, moitas dúbidas, mesmos hai normas a nivel comunitario en Galicia que non están acorde coa lei que saíu agora".
Entre outras cousas, a lei amplía os espazos onde se pode acceder con animais de compañía, obriga a contratar un seguro de responsabilidade civil para mascotas e prohibe a venda das mesmas en tendas ou deixar os cans sós na casa máis de 24 horas.