Primeiro aniversario do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade
Primeiro aniversario do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade
Sete persoas morreron na Noiteboa pasada ao caer o autocar ao río Lérez
Primeiro aniversario do tráxico accidente da Noiteboa de 2022 en Cerdedo-Cotobade. Sete persoas morreron fai hoxe un ano ao caer o autobús no que viaxaban ao río Lérez, desde unha altura de 29 metros.
Só se salvou o condutor, que dera negativo por alcohol e drogas, e unha pasaxeira. O autobús cubría a ruta Lugo-Vigo. Tiña previsto chegar ás dez da noite ao seu destino, pero caeu ao río corenta minutos antes.
Un ano despois non está clara aínda a causa do sinistro. A Garda Civil apunta a un exceso de velocidade mentres a defensa do chofer sostén que a meteoroloxía era adversa, ademais do mal estado do bus e da estrada.
O condutor está investigado por sete delitos de homicidio por imprudencia.