Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión para nove dos once detidos na operación contra o narcotráfico no Salnés

Prisión para nove dos once detidos na operación contra o narcotráfico no Salnés

A operación permitiu desmantelar unha organización que tiña o seu propio laboratorio

G24.gal 05/12/2021 19:16

O xulgado de instrución número seis da Coruña enviou a prisión nove dos once detidos na operación contra o narcotráfico despregada pola UDYCO, a Garda Civil e a Fiscalía Antidroga de Pontevedra nas Rías Baixas e na Coruña esta semana.

Os arrestados están imputados por tráfico de drogas e por pertenza a grupo criminal. A operación permitiu desartellar unha rede que operaba desde O Salnés e que tiña capacidade para distribuír os estupefacientes nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

A organización posuía o seu propio laboratorio para procesar a droga antes de poñela na rúa. Durante o operativo realizáronse rexistros en Vilagarcía de Arousa, Cambados, Meis e tamén na cidade da Coruña. As forzas de seguridade incautaron ao redor de 30 quilos de cocaína.

A rede operaba desde O Salnés e tiña capacidade para distribuir o material nas provincias de Pontevedra e A Coruña, aínda que non se desbota que tamén o fixeran en Ourense e Lugo e mesmo fóra de Galicia.

 O operativo apunta ao eslabón medio da cadea de narcotráfico asentada na Arousa. É un grupo a metade do camiño entre os grandes receptores de cocaína de Suramérica e os vendedores que procesan unha certa cantidade de mercadoria para poñela a disposición dos cosumidores na rúa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade