Cargando resultados...
Prisión permanente revisable para o asasino de Laura Luelmo
Prisión permanente revisable para o asasino de Laura Luelmo
Condenan a Bernardo Montoya por secuestro, violación e asasinato da profesora en 2018
O tribunal aplícalle o agravante de reincidencia
G24.gal
10/12/2021 16:26
Bernardo Montoya foi condenado a prisión permanente revisable como autor do secuestro, violación e asasinato da profesora zamorana Laura Luelmo, ocorrido en decembro de 2018 en Huelva.
A Audiencia Provincial de Huelva difundiu a sentenza despois de que un xurado popular o declerase culpable de todos os cargos.
O tribunal aplicoulle o agravante da reincidencia e impúxolle 17 anos e medio de cadea por un delito de detención ilegal no concurso doutro de agresión sexual coa agravante de xénero. A maiores deberá pagarlle unha indemnización de 400.000 euros á familia da asasinada.