Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para o detido por atacar un mozo no Entroido de verán de Redondela

Prisión sen fianza para o detido por atacar un mozo no Entroido de verán de Redondela

Acordou tamén unha medida de prohibición de aproximación á vítima, para o caso de que se acorde nalgún momento a posta en liberdade

G24.gal 27/08/2024 17:52 Última actualización 27/08/2024 19:45

O Xulgado de Instrución número 2 de Redondela acordou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido a pasada fin de semana en Redondela tras agredir un mozo cunha arma branca.

Segundo informaron fontes xudiciais, a maxistrada investiga o home como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.

Ademais, acordou tamén unha medida de prohibición de aproximación e comunicación respecto á vítima, para o caso de que se acorde nalgún momento a posta en liberdade do investigado.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, durante as celebracións do Entroido de Verán en Redondela.

O sospeitoso supostamente atacou cunha arma branca un mozo, e foi pouco despois detido por axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela.

O ferido foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade