A reconstrución do viaduto da A-6 vai tardar polo menos varios meses
A reconstrución do viaduto da A-6 vai tardar polo menos varios meses
O Goberno advirte de que non haberá intervencións polo momento porque asume que caerán outros treitos da infrestrutura
Para o comercio e a hostalería supón unha oportunidade importante
Ás dez da mañá abre esta tenda de Pedrafita. Nada máis abrir, xa entran os clientes.
No supermercado de en fronte fannos o mesmo balance.
Os veciños cos que falamon tamén se adpatan a nova situación.
O alcalde de Pedrafita leva no cargo 36 anos, polo tanto foi testemuña da construción da A-6. Cre que agora se sofren as consecuencias dunha que, ao seu parecer, executouse mal e vixiouse pouco, ademais de deixar a entrada a Galicia sen un acceso alternativo, ao aproveitar as pontes da nacional sexta para facer a A-VI. Con todo, cre que do malo hai que aproveitar a conxuntura de que o tráfico volva pasar polo medio da localidade.
Polas contas que bota o alcalde, esta situación non será tan provisional como se espera.