Cargando resultados...
Provocan danos irreparables no petróglifo de Pousos Magos, en Carnota
Provocan danos irreparables no petróglifo de Pousos Magos, en Carnota
Os expertos non teñen claro que o estrago fose intencionado
G24.gal
28/10/2021 12:42
O petróglifo de Pousos Magos, un dos máis importantes que hai no concello de Carnota, apareceu estes días con danos irreparables causados, aparentemente, por un punzón.
Os expertos non teñen claro que o estrago fose intencionado, cabe a posibilidade, din, de que o causante estivese intentando definir mellor os debuxos sobre a pedra.
A desfeita supón unha infracción da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Non sería tampouco a primeira vez que restos arqueolóxicos con gran valor histórico sofren ataques vandálicos.
A Laxe da Rotea de Mendo, en Campo Lameiro, ou Os Muchos de Rianxo son algúns dos últimos exemplos.