Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas dos veciños da Escravitude, en Padrón, polo abandono da zona

Queixas dos veciños da Escravitude, en Padrón, polo abandono da zona

Denuncian o estado da estación de ADIF, os problemas co tráfico e a falta de sumidoiros

G24.gal 25/10/2022 14:16

A situación no lugar da Escravitude, en pleno Camiño de Santiago, ten moi molestos os veciños da zona. Denuncian un abandono de longa duración por parte do Concello e tamén por parte do Ministerio de Transportes, titular desta estrada nacional que une Padrón e Santiago, e tamén de ADIF, entidade adscrita ao mesmo ministerio.

As deficiencias son variadas, falta de sumidoiros, beirarrúas e beiravías, ausencia dunha rotonda no principal cruzamento da parroquia proxectada hai máis xa de 20 anos. Iso é o vertedoiro no que se converteu a inutilizada estación de tren.

Nun lugar con tanto tránsito de peregrinos, os veciños non entenden que non se coide máis a imaxe e os servizos da zona. Esixen actuacións urxentes neste lugar para solucionar o abandono que sofren dende hai xa demasiado tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade