Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas en Cambre por maleza arredor dun edificio

Queixas en Cambre por maleza arredor dun edificio

Veciños da Travesía da Igrexa piden que o Concello actúe ante as molestias e riscos que lles ocasionan toxos e silvas nunha parcela privada onda as vivendas 

Imaxe do bordo dunha leira de Cambre preto dun edificio na travesía da Igrexa este mércores
G24.gal 09/03/2022 13:37

Os toxos e demais vexetación que medra no bordo dun terreo situado na travesía Coutelana, en Cambre, son motivo de queixa dos residentes no último edificio da travesía da Igrexa. Remedios, Jose e Luísa son tres deses veciños e din que o Goberno municipal non atende os seus pedimentos  de que tome as medidas necesarias para que o dono da parcela manteña rozadas tamén as beiras.

Remedios di: "Pagamos tributos como todos os contribuíntes e estamos todos os anos a facer escritos para que veñan cortar isto. Entendemos que a Xunta está a esixir a limpeza de parcelas próximas a edificios. E aquí, que somos terceiromundistas? É o que lle quero dicir ao alcalde, persoalmente, que estamos moi enfadados".

"Levo vivindo aquí máis de vinte anos e a leira que da á fachada posterior do edificio case nunca se limpa, andamos a mandar escritos ao Concello e a maioría das veces non fan nin caso e sempre está así, todo cheo de maleza", precisa Jose.

E Luis sinala: "Dígolle (ao alcalde) que nos poden as árbores e que nos limpen esa ramallada toda, que non queremos esa porcallada ao lado do edificio por, unha; que nos quita o sol e outra, que se prende lume cando estea seco ardemos todos. E vai a porcallada para as terrazas, vai para o tellado e nós... para que estamos aquí?".

Coinciden en que están fartos de aturar isto e conclúen que se a propiedade do terreo non o limpa o Concello ten quen ordenar que se efectúe esa tarefa e pasarlle a factura da mesma ao dono da leira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade