Queixas veciñais por unha pista en mal estado no concello coruñés de Rois
Queixas veciñais por unha pista en mal estado no concello coruñés de Rois
Un camión cheo de gasóleo cae dende unha altura de case dous metros
En Urdilde, no concello de Rois, os veciños denuncian o pésimo estado dunha estrada onde, de feito, esta semana produciuse un accidente dun camión cargado de gasóleo. Piden unha solución a un problema que teñen desde hai dez anos.
Desta volta foi o camión de Feiraco. Grazas a que caeu do lado do copiloto, o condutor non sufriu máis que algunha mazadura. Polo momento non houbo que lamentar accidentes máis graves, pero os veciños de Urdilde denuncian a pasividade e o abandono por parte das autoridades municipais.
Por estas pistas circulan camións, tractores e mesmo autobuses con gran dificultade e co risco que supón para eles. Temen que poida ocorrer unha desgraza. Agardan que este incidente sexa o último neste camiño e que as autoridades competentes traballen na mellora dunha estrada fundamental para eles.