Recupera a súa casa en Oza-Cesuras que os inquilinos usaran como criadeiro ilegal de cans
Recupera a súa casa en Oza-Cesuras que os inquilinos usaran como criadeiro ilegal de cans
Na vivenda había restos de animais mortos, excrementos e lixo por todas as partes
O Seprona abriu dilixencias e remitiunas ao xulgado
Hai seis anos Ana alugou a súa casa en bo estado a unha inquilina. Ao primeiro as cousas foron ben, pero a situación mudou. Comezaron, conta a dona da vivenda, os impagos e axiña os problemas da cría ilegal de cans.
"Chámanme porque había catro cans mortos, coméranse uns a outros. Eu chamei o Seprona, xa chamara varias veces e aí foi cando se descubriu todo", di a propietaria.
Segundo captou unha amiga de Ana nun vídeo, atoparon animais mortos, excrementos e moreas de lixo en toda casa e tamén no exterior.
"Onde tiña o criadeiro apareceron cranios de cans. Veu unha empresa, levou todo e pagámolo nós".
Ana enfróntase á súa exinquilina por danos, impagos, maltrato animal e falsidade documental. Di que vai chegar ata o final.
"O que fixo foi meter os animais para dentro para que morreran alí. Ela dicíame que ía acabar comigo. Se quixo acabar comigo, agora son eu martelo e vou petar todo o que poida nela".
O Seprona abriu dilixencias e remitiunas ao xulgado.