Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intentan remolcar un barco con madeira que quedou varado en Ribadeo

Intentan remolcar un barco con madeira que quedou varado en Ribadeo

As manobras da tarde non tiveron éxito e haberá que agardar á vindeira preamar da madrugada

G24.gal 14/03/2024 19:39 Última actualización 14/03/2024 20:46

O Albiz, un barco de cen metros de eslora, propiedade do grupo Murueta, que ía cargado de eucaliptos, quedou encallado a primeira hora deste xoves a apenas cen metros do peirao de Ribadeo.

Todo indica que o incidente se debeu a unha manobra incorrecta, xa que, malia o seu tamaño, o buque xa atracara outras veces neste porto. O acontecido congregou numerosos veciños que querían ver como sacaban o barco.

Dous remolcadores de gran potencia intentaron durante toda a tarde empurrar o barco do banco de area en que se meteu, agardando pola preamar do serán.

Malia que agardaron, a marea subiu por completo pero non logrou que o barco collera flotación.

Tampouco axudou que buques e guindastres auxiliares descargasen parte do eucalipto que transportaba. Cómpre ver que fai a vindeira marea chea, que será de madrugada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar