Publicador de contidos
Publicador de contidos

Requisan varios quilos de polbo inmaturo, nécoras e Santiaguiños en Malpica

Requisan varios quilos de polbo inmaturo, nécoras e Santiaguiños en Malpica

Os axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil comisaron 7,4 quilos de polbo inmaturo, 8 quilos de nécoras e 1,05 quilos de Santiaguiños

A pesca comisada en Malpica por non cumprir a lei de Pesca de Galicia
G24.gal 13/05/2023 10:29

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña aprehendeu en Malpica 7,4 quilos de polbo inmaturo, 8 de nécoras e 1,05 de Santiaguiños.

A intervención tivo lugar cando os axentes observaron como entraba un pesqueiro entraba no porto de Malpica patroneado por un home, que, tras amarralo no peirao, colgou dun costado da embarcación dous sacos de rede.

Unha vez en terra o patrón subiu ao volante dunha furgoneta para dirixirse aos almacéns do peirao, momento en que os efectivos actuantes lle solicitaron que os acompañase á zona onde amarrara o pesqueiro e así descubriron a bordo e agochados baixo a roupa de augas un caldeiro con 20,250 quilos de polbo con talle e peso regulamentario e mais un cubo con 9 unidades de polbo inmaturo, que sumaban un total de 7,400 quilos e que foi aprehendido e entregado nun centro benéfico.

Nos sacos de rede había 8 quilos de nécora, dos que 1 quilo estaba ovada e 1,05 quilos de santiaguiños, especies ambas en veda. Comisaron todos os exemplares e ao estaren con vida devolvéronos ao mar.

Por estes feitos o SEMAR elevou catro denuncias por infrinxir a Lei 11/2008 de Pesca de Galicia por incumprir a obrigación de pesada antes da primeira venda, por capturar e reter a bordo especies ovadas, por capturar especies en veda e por capturar especies de talle inferior á regulamentaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade