Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan un pescador afeccionado das rochas do cabo Udra

Rescatan un pescador afeccionado das rochas do cabo Udra

A presenza no lugar dun voluntario de Proteción Civil de Bueu fixo posible o rescate

G24.gal 11/05/2023 13:31

Serafín Acuña pescaba nas proximidades da praia de Lagos en Bueu a carón doutro afeccionado de Vigo de 56 anos que facía o mesmo canda a muller. Estaba a piques de saltar a unha pequena rocha das Forcadelas cando Serafín o alertou da perigosidade, pero non lle fixo caso e acabou esvarando e caendo entre as rochas.

Serafín tentou axudalo pero cando pensou que non era quen subiu ao coche alertou o 112 e baixou unha cadea, unha corda e unha cincha que conseguiu montar e botarlle ao home.

Foi media hora tensa, pero finalmente o ferido logrou coller o cabo e entre Serafín e a muller tiraron del e sacárono da auga. Xa estaba exhausto. Ata o lugar acababan de chegar Policía Local, e Garda Civil. Tamén fóra alertado o helicóptero Pesca 1 que finalmente non foi preciso que actuase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade