Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan un home que caeu nas rochas das pozas de Lobios

Rescatan un home que caeu nas rochas das pozas de Lobios

G24.gal 21/07/2022 16:53

Un home tivo que ser rescatado onte polos servizos de emerxencia tras caer nunha zona rochosa nunhas pozas en Lobios.

O home, que caera nas rochas, avisou porque non era quen de saír polo seu pé. Sufriu unha contusión na cabeza. Este tipo de accidentes adoptan repetirse cada verán en fervenzas e pozas, na maioría dos casos pola imprudencia dos bañistas.

Nestas do río Barosa, en Barro, adoitan parar moitos peregrinos para bañarse no final da etapa, como comprobamos esta mesma mañá. Uns fano con prudencia, pero non sempre é así.

Os peregrinos din que hai que entrar na auga con precaución porque esvaran as rochas, e un veciño di que non sempre actúan con prudencia os bañistas.

Os servizos de emerxencias atenden todos os veráns algunha incidencia por caídas nas pozas. E os rescates adoitan ser complicados porque son zonas de difícil acceso. Por iso se lles recomenda aos bañistas tomar nota dunha serie de consellos para previr accidente.

"Que se metan en zonas onde non haxa moito risco, con calzado adecuado para non esvarar. O mellor é que non se tiren porque esas zonas son perigosas e poden partir o pescozo ou romper unha perna", explica Óscar Buimil, da Protección Civil de Barro. Tamén é importante "controlar que os nenos tampouco o fagan porque é facil que nos despistemos", engade.

Tirar de sentido común, en definitiva, é o mellor consello para evitar que unha xornada de lecer remate nun susto ou nunha traxedia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade