Rescatan unha muller e o seu can nas pozas de Melón
Rescatan unha muller e o seu can nas pozas de Melón
A muller saíu correndo detrás do animal, que fuxira, e caeu á auga
Contra o mediodía, o 112 recibía a chamada dunha muller alertando de que a súa amiga estaba en perigo nas pozas de Melón.
As dúas mulleres paseaban cunha cadela polo sendeiro cando o animal escapou, correron tras del, esvararon e acabaron dentro da poza. Unha delas conseguiu saír e pedir axuda, pero a outra estivo na auga ata que o GES a rescatou.
A muller foi rescatada, grazas ao traballo de dous especialistas en barranquismo, con síntomas de hipotermia, achegouse ao centro de saúde de Ribadavia, e por sorte, sen feridas graves.
Dede o GES advirten dos perigos destas pozas e advirten que nunca se deixe o sendeiro marcado porque as pedras son moi esvaradías e xa ten habidos varios accidentes.
O último falecido, en outubro do ano pasado, foi un mozo de 20 anos que esvarou nas rocas destas fervenzas.