Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouba a machadazos unha máquina expendedora na Pobra do Caramiñal

Rouba a machadazos unha máquina expendedora na Pobra do Caramiñal

Os estragos e perdas ascenden a máis de 1.500 euros

Os donos están desesperados, pois é o terceiro roubo nunha semana nos diferentes negocios que rexentan

G24.gal 24/10/2024 14:08

Os donos de varios postos de máquinas expendedoras e de lavanderías de autoservizo da Pobra do Caramiñal e de Ribeira están xa desesperados polos roubos. O último foi na madrugada do martes e o ladrón empregou un método insólito para levar os cartos: emprendeuna a machadazos cunha das máquinas.

Con violencia pegaba machadazos a unha das máquinas expendedoras. Rematou o ladrón por esnaquizala para levar os cartos da recadación, ata que a dona dun posto da Pobra do Caramiñal o viu polas cámaras de seguridade desde a súa casa.

"Fíxome e vexo que hai unha persoa forzando a caixa dos cartos da máquina, entón automaticamente baixo a reixa para que marche e déixoa baixada porque pensei que ía volver", explica Dámaris Mallo, dona do negocio. "Ao día seguinte, como viñamos limpar unha das máquinas, chegamos aquí e cal foi a sorpresa? Atopo a máquina desfeita" engade.

O ladrón rompeu o metacrilato co machado e meteu a man para acceder á caixa dos cartos, mesmo chegou a cortarse. Non é o primeiro roubo que sofren pero nunca viran algo así. "O que menos pensaba era unha machada! Quedei abraiada". Lamenta Dámaris que "nunha semana levamos tres roubos polo tanto este mes, nin para os arranxos". 

Dámaris xa está desesperada e non sabe que máis medidas de seguridade tomar. Mesmo baralla a posibilidade de pechar os negocios, pois nin os seguros se queren facer cargo xa dos roubos e danos que ocasionan os ladróns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade