Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban 360 metros de cable de cobre en tres zonas de Ponteceso

Rouban 360 metros de cable de cobre en tres zonas de Ponteceso

Desde o Concello piden a colaboración cidadá

A Garda Civil xa investiga os feitos

G24.gal 25/03/2022 13:58

O cobre é un dos metais máis usados e cotizados no mercado negro, e isto sábeno ben os delincuentes. Nos últimos días roubaron nas parroquias de Pazos, Corme e no lugar de Limiñoa, todas eles en Ponteceso, un total de 360 metros de cable de cobre.

Son roubos que suceden principalmente nas redes eléctricas, como aconteceu nunha pista que une o colexio e o cemiterio das Forcadas, en Corme. Os veciños que camiñan por aí sofren agora as consecuencias porque nese treito quedaron sen luz.

Para evitar novos episodios deste tipo, desde o Concello pídenlles aos veciños que estean atentos por se ven algún vehículo sospeitoso. Agora a Garda Civil investiga xa todos estes feitos para poder dar co paradoiro dos ladróns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade