Rouban con forza en dous bares da comarca de Bergantiños
Rouban con forza en dous bares da comarca de Bergantiños
Un local de Carballo e outro de Malpica foron o obxectivo dos ladróns
Roubo con forza nun bar do centro de Carballo durante a madrugada do domingo. Foi a encargada de abrir o establecemento quen deu a voz de alarma ás oito e media da mañá.
Pedro Cancela, xefe da Policía Local de Carballo, apunta que a pechadura estaba forzada e que faltaba diñeiro dunha bolsa e dúas tabletas electrónicas. Pedro asegura que hai moito tempo que non se rexistraba un roubo con forza en Carballo.
Polo momento o propietario non denunciou os feitos ante a Garda Civil. Quen si o fixo foi o dono doutro bar de Malpica de Bergantiños. O ladrón forzou a pechadura para facerse cun botín de cinco euros, os cartos que había no bote das propinas.
A Garda Civil abriu unha investigación para dar co autor ou autores destes roubos.