Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban dúas veces nunha semana na mesma vivenda de Vilagarcía

Rouban dúas veces nunha semana na mesma vivenda de Vilagarcía

O ladrón actuou as dúas veces do mesmo xeito e levou o mesmo botín, senllos patinetes eléctricos

As cámaras de seguridade captaron as imaxes dun dos roubos

G24.gal 23/08/2024 13:45

A cámara de seguridade captou as imaxes correspondentes ao segundo roubo nunha vivenda da zona da Lomba, en Vilagarcía. O ladrón actuou as dúas veces do mesmo xeito e levou o mesmo botín, senllos patinetes eléctricos, sen importarlle a presenza das cámaras. 

"Ves o tío que entra con toda a tranquilidade, coa miña filla abaixo lendo, eu arriba vendo a televisión coas ventás abertas, e o tío co seu papo entra, sáltalle o foco para gravalo, pero non saltou a alarma", di Conchi Marcos, a dona da casa.

Conchi non entende como puido ocorrer isto cando ten contratado un servizo de seguridade. "A miña indignación é que se tes un sistema de seguridade instalado, polo menos, funcione. Tina que soar a sirena e avisar que había un intruso porque estaba posta a alarma. Foi con toda a tranquilidade, colleu o cargador do patinete que roubara anteriormente e saltou o muro como se nada".

A situación preocupa á familia, que acaba de mudarse a esta vivenda e que teme que isto poida pasar outra vez. "Sénteste indefenso porque aquí salta calquera, entra calquera, e non pasa nada. Presentei a denuncia pertinente avisando da anterior e agora a ver se fai algo a policía".

Nas últimas semanas, varias testemuñas viron un mozo alleo ao barrio que roldaba pola zona, mesmo sentado nun banco mirando directamente a vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade