Rouban en tres casas do Val do Dubra en menos dun mes
Rouban en tres casas do Val do Dubra en menos dun mes
Xoais, maquinaria e ata vehículos son o obxectivo dos ladróns
O aumento de roubos en vivendas do rural preocupa entre os veciños do Val do Dubra. No último mes, asaltaron tres.
O último obxectivo dos ladróns foi esta casa de Portomouro onde entraron a roubar o día 29 pola mañá. Segundo di un veciño da zona, botaron a porta abaixo e roubaron todas as xoias que atoparon.
Previamente roubaron noutras dúas vivendas da parroquia de San Román, a pouco máis de cinco minutos de Portomouro. Nesta levaron dúas motocicletas e ferramentas valoradas en 15.000 euros. Recuperaron os vehículos en Carballo tras pagar 3.000 euros para que llos devolveran. As vítimas do roubo non quixeron falar ante a cámara por medo a represalias.
Quen non ten medo é Manuela, a ela entráronlle roubar o 12 de xaneiro de madrugada. Di que escoitou un ruído e que baixou pero que non viu a ninguén. Explica que foron rápidos e que romperon unha fiestra para entrar. Cre que eran varios ladróns.
En total roubáronlle uns 6.000 euros en maquinaria. Manuela di que roubaron toda a maquinaria que atoparon nova, que a vella nin a tocaron. Levaron dúas motoserras, unha rozadoira, varios trades, un cepillo eléctrico e unha rebarbadora.
A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos autores destes roubos.