Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban na Laracha unha bicicleta valorada nuns 2.800 euros

Rouban na Laracha unha bicicleta valorada nuns 2.800 euros

Aconteceu mentres o propietario entrou nun restaurante para preguntar se tiñan mesa para xantar

G24.gal 30/01/2024 14:09

En cuestión de dous minutos, un ladrón conseguiu roubar unha bicicleta de enduro, valorada nuns 2.800 euros, na Laracha. O seu propietario, o domingo pasado, decidiu facer unha ruta e pedaleou desde A Coruña ata A Laracha para visitar a súa moza. Cando chegou eran as tres da tarde, así que decidiu apoiar a súa bicicleta na parede dun restaurante e entrou para preguntar se tiñan sitio para xantar.

Conta que non tardou nin dous minutos en saír, pero, cal foi súa sorpresa cando chegou ao lugar e xa non estaba a bicicleta. "Fóra había moita xente. Preguntei se alguén vira algo. Pero ninguén se decatou de nada", di Alberto Martínez, o propietario da bicicleta.

Porén, Alberto cre que sabe quen pode estar deste roubo. "Cando cheguei, vin un home que me quedou mirando. Vino reflectido no cristal do restaurante e cando me xirei, estaba agochándose uns contedores. Pero claro, eu non vin o perigo daquela", engade Alberto Martínez.

Ata este luns non logrou interpoñer a correspondente denuncia. Mentres di que prefire ser optimista e confiar en que a súa bicicleta apareza nalgures.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade