Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban nun restaurante de Vilalba o mobiliario da terraza exterior

Rouban nun restaurante de Vilalba o mobiliario da terraza exterior

O valor dos obxectos subtraídos, como mesas ou coxíns, supera os mil euros

Félix Aragunde 10/10/2024 13:50

A terraza exterior dun mesón do centro de Vilalba foi asaltada de madrugada. Nela roubaron mobiliario e obxectos do máis variado, como un sofá, dúas mesas, preto de vinte coxíns, unha alfombra e un floreiro.

En total, a contía do botín supera os mil euros. No establecemento cren que os ladróns accederon pola parte superior, e unha vez dentro forzaron a porta da terraza para entrar a desvalixala.

Elisabet Castro, xerente do mesón: "Entraron pola parte de arriba do lateral da terraza,  logo abriron os pasadores dos cristais e a partir de aí empezaron a sacar sofás, mesas, alfombras e unha chea de coxíns".

Dende o negocio asaltado sospeitan ademais que a intención dos ladróns era levar todo o mobiliario da terraza. Pero, polo motivo que fose, non o conseguiron.

Elisabet Castro, xerente do mesón: "Vimos que faltaban cousas e que estaba todo disposto para sacalo. Alguén debeu de sorprendelos, polo que pedimos a colaboración cidadá. Así nolo indicou a Garda Civil, que só teñen unha patrulla para un montón de concellos".

Unha vez souberon do roubo, alertaron a Garda Civil, que investiga agora a autoría destes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade