Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban o banco dun miradoiro de Gondomar sobre a Ría de Vigo

Rouban o banco dun miradoiro de Gondomar sobre a Ría de Vigo

Os veciños lamentan que se lles quite a posibilidade de contemplar a paisaxe 

Unha muller contempla a paisaxe desde o miradoiro
David Fernández 27/10/2021 15:09

Fora instalado pola comisión de festas e doado pola Entidade Menor de Morgadáns. Todos os veciños do barrio de Vilas pregúntanse o mesmo: por que razón roubarían o banco?  

A uns 400 metros de altura esta é a vista que se pode apreciar dende o lugar coñecido como Lax do Millo. Os habitantes de Vilas lamentan que se lles quite a posibilidade de contemplar a paisaxe comodamente dende o banco. Piden que quen o roubou o devolva canto antes ao seu lugar.

O Banco Miradoiro de Vilas, fabricado en madeira de piñeiro e que estaba aparafusado a unha rocha, convertérase en todo un reclamo turístico. Á espera de que o ladrón repoña o banco, haberá que conformarse con divisar a paisaxe dende a rocha en que se asentaba.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade