Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban obxectos relixiosos por valor duns 5.000 euros nunha capela do concello de Oleiros

Rouban obxectos relixiosos por valor duns 5.000 euros nunha capela do concello de Oleiros

Os ladróns entraron pola noite tras forzar a pechadura de seguridade

Esta tarde interporán denuncia para que investiguen os feitos

G24.gal 10/10/2023 14:05

Pilar, a responsable da capela, foi quen descubriu o roubo ao abrila, ao día seguinte. Horas antes, uns descoñecidos, aproveitando a noite, forzaran a pechadura de seguridade. E malia que hai casas a escasos metros, ninguén se decatou de nada.

"Nada de nada. Nin escoitamos nada nin ladraron os cans. Sabían ben o que facían e a onde tiñan que ir", comenta unha veciña.

Cando xa estaban dentro, fixéronse con obxectos de valor e tamén causaron estragos.

"Partiron en dous a columna sobre a que estaba o sagrario. E roubaron varios rosarios, o sagrario, un calefactor...", explica Pilar de Francisco.

Non contentos con isto, foron remexer á sancristía... onde tamén roubaron. 

"Levaron os cálices, todo, todo. Agás as vestimentas dos sacerdotes porque serán máis complicadas de vender. Máis ou menos, uns cinco mil euros", engade Pilar.

Esta tarde, o diácono parroquial irá interpoñer a correspondente denuncia para que investiguen os feitos e poidan prender os responsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade