Rouban un coche en Oleiros e no seu lugar deixan o botín doutro furto
Rouban un coche en Oleiros e no seu lugar deixan o botín doutro furto
Os dous vehiculos estaban aparcados nun garaxe comuninatario de Santa Cristina
Dous usuarios dun garaxe veciñal da rúa Hábitat de Santa Cristina, en Oleiros, sufriron nos últimos días de 2023 cadanseu roubo cun nexo atípico. O que lle roubaron a un logo deixárono na praza de garaxe de onde fuxiron co coche que outro tiña aparcado.
Daniel é o principal prexudicado, pois segue sen aparecer o vehículo que lle levaron o día 27: "Tres días despois, doutro coche aparcado nunha praza próxima levaron unha mochila que contiña un ordenador".
Relata tamén que este luns esa mochila apareceu na praza onde aparcaba o Peugeot 108 que lle levaron. Nada máis abrir o ordenador descubriu que era o que levaron tras romper unha ventá do coche do veciño.
El non cre que haxa relación entre os dous roubos: "É un caso que eu diría propio do inspector Gadget. Non é normal que algo que roubaran nove ou dez días antes o devolvan os ladróns e o deixen na praza de garaxe onde logo roubaron un coche".
El segue á espera de que apareza o seu utilitario, e explica que nos dous roubos o acceso ao garaxe foi por puntos distintos: "Nun caso entraron polo ascensor forzando a pechadura que baixa ata o garaxe e noutro, forzaron o portón do garaxe", conclúe o dono do coche roubado.