Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda abrirá o debate de investidura o martes vindeiro no Parlamento galego

Rueda abrirá o debate de investidura o martes vindeiro no Parlamento galego

A votación para escoller o presidente da Xunta celebrarase o xoves

G24.gal 07/04/2024 14:59 Última actualización 07/04/2024 15:25

Alfonso Rueda exporá o martes o seu programa de goberno ante o Pleno da cámara galega. O debate de investidura comeza ese día ás nove e media da mañá coa intervención do candidato.

O xoves daranlle a réplica os líderes da oposición e producirase a votación para a presidencia da Xunta. Todo está decidido, xa que o Partido Popular conta con 40 dos 75 escanos do Parlamento e a única incógnita radica no que fará o deputado de Democracia Ourensana.

Finalmente, Rueda tomará posesión da presidencia da Xunta o sábado no Panteón dos Galegos Ilustres, que se encontra na igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade