Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rufián mantén ante Sánchez a esixencia dun referendo: "Os votos de ERC súanse"

Rufián mantén ante Sánchez a esixencia dun referendo: "Os votos de ERC súanse"

Pedro Sánchez mantivo contactos este mércores co voceiro de ERC e cos de UPN e Coalición Canaria

G24.gal 11/10/2023 16:21

Pedro Sánchez arrancaba unha nova xornada de contactos políticos falando por teléfono co líder de Esquerra, con Oriol Junqueras. A chamada tivo lugar unhas horas antes de reunirse co voceiro do partido no Congreso, con Gabriel Rufián.

"Os votos de ERC súanse. ERC está negociando pola investidura, non pola lexislatura", dixo Rufián tras o encontro.

Socialistas e republicanos coinciden na necesidade de avanzar nas negociacións e pechar un acordo que permita a investidura.

"Son condicións esixentes pero razoables. Creo que a amnistía cae polo propio peso", afirmou o voceiro de ERC.

Pero, polo momento, pouco se sabe da letra pequena desa eventual lei de amnistía.

"Agora só falamos de hipóteses, e sobre hipóteses non nos pronunciamos", dixo Raquel Sánchez, ministra de Transportes en funcións.

E insisten os socialistas en desmarcarse do documento que presentou Sumar sobre a amnistía. Un dos seus artífices, Jaume Asens, desvelou que o PSOE ten o seu propio proxecto "que non coincide co noso".

Este mércores, Sánchez tamén se reuniu co único deputado de UPN. O navarro reiteroulle que votará en contra da súa investidura. "Porque non pode depender España do independentismo máis radical", expuxo Alberto Catalán, deputado de UPN.

Coalición Canaria tamén descarta o si polas cesións aos independentistas, pero deixa unha porta aberta.

Pola súa parte, o PP avoga pola repetición electoral. "Pareceríame o menos malo repetir eleccións o 14 de xaneiro. Aquí todos ensinaron as súas cartas, todos evidenciaron o que queren facer e o que están dispostos a facer, pois consultemos os españois", manifestou Borja Sémper.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade