Publicador de contidos
Publicador de contidos

As adegas da D. O. Rías Baixas abren as súas portas con visitas guiadas e gratuítas

As adegas da D. O. Rías Baixas abren as súas portas con visitas guiadas e gratuítas

Dende este venres e ata o domingo unhas 26 adegas reciben centos de enoturistas  

Fretaranse autobuses dende Ferrol, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo para gozar dunha vintena de actividades que teñen como protagonista o viño

G24.gal 10/05/2024 14:39

Natureza, cultura e unha paisaxe onde a viticultura será a protagonista durante estes días. 

"E aquí temos os elementos que fan albariños tan característicos. A orixe, o minifundio, o emparrado, a influencia do atlántico, da ría e de todo o microclima que nos dá a illa de Sálvora", explica Jorge Pallarés, director de márketing da adega Martín Códax.

A ruta do viño Rías Baixas porá en valor as cinco subzonas desta denominación de orixe. Son 26 adegas adscritas a un programa que xa colgou o cartel de completo e onde hai apuntadas máis de duascentas persoas. 

E nada mellor que coñecer estas elaboracións dende o epicentro das súas adegas. Con charlas que abordan non só proxectos de sostibilidade e innovación, tamén nos lugares onde maduran estes albariños.

Non faltarán as catas nin as actividades dun amplo programa que completan rutas e música en barco polo Miño e Arousa, maridaxes e visitas teatralizadas. Unha primavera de portas abertas para dar a benvida á tempada do enoturismo en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar