Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sancións de entre 600 e 30.000 euros por avisos de radar ou de controis de Tráfico

Sancións de entre 600 e 30.000 euros por avisos de radar ou de controis de Tráfico

Chegan as multas por alertar por aplicacións do radar ou de controis nas estradas

G24.gal 25/05/2024 14:07

As sancións, que poden chegar ata os 30.000 euros, son disuasorias, pero de momento non conseguiron acabar cos grupos creados para notificar da presenza da Policía ou a Garda Civil nas estradas.

Por primeira ven en España, a DXT puxo dúas multas en Galicia por avisar de controis e radares; unha foi para unha aplicación e outra para un particular que administraba un grupo de WhatsApp con milleiros de usuarios.

Segundo a Lei de seguridade cidadá, poñer en perigo o éxito dunha operación considérase unha infracción grave e a sanción mínima é de 600 euros. Os administradores dos grupos de WhatsApp que alertan da presenza de controis ou radares son o primeiro obxectivo da DXT, e o seguinte son os seus usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade