Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade anima os galegos a vacinárense contra a gripe

Sanidade anima os galegos a vacinárense contra a gripe

A vacinación infantil estenderase esta fin de semana a todas as áreas sanitarias de Galicia

G24.gal 25/11/2022 17:50 Última actualización 25/11/2022 21:13

O conselleiro de Sanidade animou os pais nenos de 6 meses a 5 anos a vacinalos contra a gripe para evitar na medida do posible que estes poidan transmitir a enfermidade a persoas maiores ou inmunolóxicamente deprimidas.

"Ese efecto de corte da transmisión pode ser máis efectivo", dixo Julio García Comesaña.

O conselleiro  destacou o éxito da experiencia piloto no Hospital Clínico de Santiago de Compostela para a vacinación masiva de poboación infantil. E anunciou que, á vista dos resultados, estenderase esta fin de semana a todas as áreas sanitarias de Galicia.

Concentrando en 24 horas a vacinación masiva contra a gripe de nenos e nenas,  case se chegou a triplicar o número de persoas que reciben a dose na rede de centros de saúde estendida pola xeografía galega.

Respecto á saturación en servizos de urxencias hospitalarias nas últimas semanas, dixo que están a facer todos os esforzos para poder asumir a carga de traballo tanto en atención primaria como en atención hospitalaria.

Comesaña asegurou que houbo un reforzo do persoal de urxencias para efectuar unha triaxe maior e máis efectiva, de forma que os casos máis urxentes se atendan canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade