Cargando resultados...
Santiago rexistrou dúas agresións con arma branca no mes de xaneiro
Santiago rexistrou dúas agresións con arma branca no mes de xaneiro
Un mozo morreu acoitelado e outro estivo hospitalizado por unha navallada no bazo
G24.gal
05/02/2023 14:02
A Policía Nacional investiga o acoitelamento deste sábado na Coruña como un incidente entre adolescentes e os axentes non cren que se trate dunha pelexa causada por unha banda de delincuentes latina.
Os últimos episodios protagonizados por estes grupos tiveron como escenario as rúas de Santiago de Compostela. Aconteceron na primeira semana do ano.
Na primeira pelexa, na madrugada do 2 de xaneiro un mozo morreu por feridas de arma branca. O seu agresor ingresou en prisión.
Unha semana despois, ás portas doutra discoteca, un mozo de nacionalidade dominicana acoitelaba no bazo outro mozo de 17 anos.