Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segunda xornada de folga en Ryanair, sen incidencias en Galicia

Segunda xornada de folga en Ryanair, sen incidencias en Galicia

En Madrid, Málaga e Barcelona rexistráronse atrasos e cancelacións de voos

Hai catro xornadas de paro convocadas por semana, ata final de mes

G24.gal 13/07/2022 14:51

A tripulación de cabina de Ryanair está chamada á folga para presionar por un convenio colectivo que hoxe non teñen.

"O que pedimos é que se respecte a lei española en canto aos salarios mínimos", di Daniel Trillo, tripulante de cabina. 

Denuncian ademais que a compañía vulnera o seu dereito á folga, porque decretou o 100 % de servizos mínimos.

"Malia que non todos os voos son protexidos, estamos obrigados a vir traballar", denuncia Laura Caballero, representante do sindicato USO no aeroporto de Santiago.

Teñen convocados catro paros por semana ata final de mes. As mobilizacións comezaron en xuño, con seis días de folga dos que sacaron -din- cero diálogo e cinco despedimentos. Un deles, na base de Santiago. 

"Recibín un burofax dicindo que me despedían por facer folga o día 30", explica Nathan Alcarria, o azafato despedido. Dende USO xa anunciaron que van demandar a compañía por estes despedimentos. Din os traballadores que tiveron un efecto disuasorio.

"A xente que pode ir á folga ao final non vai por medo", afirma o tripulante Daniel Trillo.

A folga nótase máis en Madrid, Málaga ou Barcelona, o aeroporto máis afectado polas cancelacións. Dende a OCU explican que facer se nos cancelan un voo: "Se hai unha cancelación sen recibir preaviso con 15 días de antelación, o consumidor ten dereito a que lle devolvan o prezo do billete ou lle dean un transporte alternativo" di Enrique García.

O voceiro da OCU explica que tamén hai dereito a unha compensación económica que podería ir dos 250 aos 600 euros "en función da duración do voo". Recomenda poñer primeiro unha reclamación na compañía e logo reclamar na Axencia Española de Seguridade Aérea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade