Seis comunidades, en aviso por frío, vento e temporal no mar
Seis comunidades, en aviso por frío, vento e temporal no mar
A situación non mellorará ata o venres, cando se agarda unha suba lixeira das temperaturas
Seis comunidades autónomas manteñen activada a alerta por frío, vento e temporal no mar.
No Pireneo as temperaturas chegarán ata os dez graos baixo cero e na serra de Madrid aos menos 6.
O frío esténdese por toda a Península e aínda irá a máis coa entrada nas próximas horas doutra nova fronte que deixará neve en cotas baixas.
En Segovia, a temperatura mínima chegou aos seis graos baixo cero e no resto das capitais castelá-leonesas os termómetros baixaron ata os menos 4.
Frío intenso tamén en Aragón, onde Huesca rexistrou 5 baixo cero de mínima e menos 3 en Teruel.
Outras tres comunidades, Madrid, Cataluña e Comunidade Valenciana, manteñen tamén activada a alerta amarela por frío e forte vento.
En nivel laranxa está a costa catalá e Baleares por ondas de entre 2 e 4 metros.
A situación manterase ata o venres, cando a entrada dunha masa de aire máis temperado provocará unha suba xeneralizada das temperaturas, agás das mínimas no nordeste peninsular.