Os veciños de Castroverde recollen en Polonia seis membros dunha familia ucraína
Os veciños de Castroverde recollen en Polonia seis membros dunha familia ucraína
Recibiron a chamada dunha muller ucraína residente en Madrid que lles pediu axuda
O seu obxectivo é poder trasladar ata 8 persoas ata España
Os dous veciños de Castroverde, Héctor Pérez e Paulo Ribeiro, que viaxaron cara á fronteira de Ucraína con Polonia recolleron esta mañá 6 membros dunha familia ucraína preto dun dos puntos fronteirizos en Polonia, a dúas horas de Medyka, a onde chegaron onte.
Son 4 mulleres, unha nena e un neno, ás que foron buscar tras recibir a chamada dunha muller ucraína residente en Madrid que vira por televisión a súa iniciativa.
Arestora diríxense de novo cara a Medyka, onde tratarán de recoller outras dúas persoas máis.
Unha volta que emprenderán de xeito inmediato en canto teñan cubertas as 8 prazas das que dispoñen. Xa en ruta, xestionarán o punto de destino.
No caso desta familia, podería ser recollida xa tras pasar a fronteira francesa ou ben levada ata Madrid. O das outras dúas persoas será o que elas mesmas elixan, se ben Héctor e Paulo teñen dous cuartos dispostos na súa casa de Castroverde para a súa acollida.