Sen auga potable en Castrelo de Miño pola contaminación de arsénico
Sen auga potable en Castrelo de Miño pola contaminación de arsénico
Os niveis elevados deste elemento químico afectan a 11 aldeas do municipio
O Concello está a repartir garrafas de auga para abastecer a veciñanza
Buscan unha solución para ter un abastecemento de auga potable con garantías sanitarias
Practicamente un terzo da poboación do concello ourensán de Castrelo de Miño, non pode empregar a auga a traída para o consumo humano debido á elevada presenza de arsénico.
Por agora están empregando as garrafas que lles está a dar o Concello, seis á semana. Este é un problema que vén de vello, xa nos mes de xullo tiveron este mesmo problema debido a un fallo no filtro instalado na captación de auga.
O pasado 23 de novembro o Concello emitía un bando onde desaconsellaba o uso da auga da traída para o consumo humano. E comezou a repartir auga entre a veciñanza das 11 aldeas afectadas.
"Estanse repartindo garrafas de auga e desde Protección Civil a xente que non teña medios para poder vir buscala levámoslla á casa", explica Javier Villar, coordinador da Agrupación de Protección Civil de Castrelo de Miño.
O fallo do filtro instalado na captación de auga en Coto Novelle non é un problema novo. E esta é a segunda vez en catro meses que a auga non é apta para o consumo humano. Os veciños piden unha solución definitiva.
"É un tema que persiste desde hai varios meses e non lle dan encontrado unha solución". "Agora teñen que buscar unha solución porque aquípuxeron un filtro que costou unha fortuna e o filtro cado dous días está averiado", din dous veciños de Castrelo de Miño.
Dede o Concello están traballando xa para buscar unha solución canto antes e rematar definitivamente con este problema.
A solución definitiva pasaría por instalar unha nova planta potabilizadora na aldea de Santo Estevo.
Segundo asegura o alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, xa está prevista a obra que incluirá unha nova capatación de auga no río Miño para evitar o arsénico presente nos mananciais que abastecen boa parte do municipio.