Cargando resultados...
Sen danos persoais nunha explosión no hotel Atlántico da Coruña
Sen danos persoais nunha explosión no hotel Atlántico da Coruña
O establecemento quedou sen luz e con xente atrapada nos elevadores, que os bombeiros da Coruña liberaron
Hotel Atlántico na Coruña/Arquivo
G24.gal
24/12/2022 11:16
O hotel Atlántico da Coruña quedou este sábado sen luz tras unha explosión que non deixou danos persoais, informan fontes do 112.
O suceso produciuse ás 9:30 horas, cando se escoitou unha explosión na sala de caldeiras, nunha zona onde hai material eléctrico.
Isto deixou todo o edificio sen luz e a varias persoas atrapadas nos ascensores, aínda que foron liberadas posteriormente polos bombeiros da Coruña.
Aínda traballa no lugar o persoal de emerxencias, aínda que non se produciu ningún incendio como consecuencia da explosión. As mesmas fontes subliñan que non quedou ferida ningunha persoa.